1. Identificar as rexións e compilar información sobre a cooperación transfronteiriza en materia de deporte.
2. Analizar e estudar os problemas, obstáculos e demais limitacións que se presentan á hora de que os cidadáns que viven nas rexións transfronteirizas poidan acceder a todo tipo de práctica deportiva.
3. Achegar solucións a estas problemáticas.
4. Promover actividades de todo tipo entre as rexións transfronteirizas da Unión Europea.
5. Impulsar a inclusión das actividades da Eurorede do Deporte nos programas propios das distintas eurorrexións.
6. Elevar ás instancias gobernamentais da Unión Europea e dos Estados membros recomendacións para unha intervención máis decidida dos mesmos en materia de cooperación transfronteiriza no deporte.
7. Difundir «O manifesto por un Deporte sen Fronteiras».